Titular do sitio web e responsable do tratamento de datos:
Grelo Hostel SC
CIF: J32446197
Enderezo: Rúa Santo Domingo, 45, Galerías Viacambre local 2, 32004 Ourense
Correo electrónico: info@aurialockers.com
Teléfono: 604 033 361
1. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Os datos persoais que nos proporciona ao facer unha reserva ou ao contactar connosco serán tratados para:
Xestionar a súa reserva nas consignas intelixentes de Auria Lockers.
Prestar correctamente o servizo contratado.
Atender consultas e incidencias.
Cumprir coas nosas obrigas legais.
Se é necesario, facilitar a tramitación do seguro en caso de roubo (tras denuncia policial).
Non se utilizarán os seus datos para fins publicitarios sen o seu consentimento explícito.
2. Cal é a base legal para o tratamento dos seus datos?
A base lexislativa para o tratamento dos seus datos é:
A execución do contrato de prestación de servizos.
O seu consentimento expreso ao aceptar esta política durante a reserva.
O cumprimento das obrigas legais (como as derivadas da normativa fiscal e de protección de datos).
3. A quen comunicarán os seus datos?
Os seus datos non serán cedidos a terceiros salvo:
Por obriga legal.
A aseguradoras, no caso de xestión de sinistros por roubo, tras denuncia.
A encargados do tratamento necesarios para prestar o servizo (por exemplo, provedores de software ou plataformas de pago), cos que se asinou os correspondentes contratos de confidencialidade e protección de datos.
4. Durante canto tempo gardamos os seus datos?
Os datos persoais gardaranse mentres dure a relación contractual e, posteriormente, durante os prazos legalmente establecidos para cumprir coas nosas obrigas fiscais e legais. En caso de reclamacións, gardaranse mentres dure a súa tramitación.
5. Cales son os seus dereitos?
Poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de:
Acceso
Rectificación
Supresión
Oposición
Limitación do tratamento
Portabilidade dos datos
Para iso, pode dirixirse por escrito ao correo info@aurialockers.com, adxuntando copia do seu DNI ou outro documento válido que o identifique.
Tamén ten dereito a presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
6. Medidas de seguridade
Auria Lockers adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e confidencialidade dos datos persoais tratados, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.